Aberto o prazo de reserva de prazas na Escola de Fútbol Base do Meirás C.F.

O Meirás C.F. vén de abrir o prazo de reserva de prazas na súa Escola de Fútbol Base. Actualmente conta con equipos en todas a categorías de Fútbol 8 e Fútbol 11, dende prebexamíns ata xuvenís.
 
Sen cuotas mensuais, única cuota con dereito a inscribir a todos os membros da familia, equipación proporcionada polo clube, adestradores titulados e adestramentos específicos para porteiros.
 
Así mesmo, a próxima tempada, o clube anuncia que amplía a súa oferta deportiva grazas aos novos campos de céspede artificial cos que contará Valdoviño cos fondos da Deputación e do Concello, así como ás súas actuais instalacións.
 
Facilita as seguintes vías de contacto: 627 573 378 (tamén se constesta por WhatsApp); info@meirascf.es e a súa web http://www.meirascf.es