Teatro este domingo en Valdoviño da man da compañía “Os Quinquilláns”

O auditorio da Casa da Cultura acollerá este domingo, 12 de maio, a representación teatral «Language Planning», a cargo da compañía «Os Quinquilláns». Arrancará ás 18 horas con entrada de balde e libre ata completar aforo. Unha actuación que conta co respaldo da Deputación a través da Rede Cultural.
 
A obra narra a historia de dous membros da Lenguage Planning, que acaban de chegar a terras galegas coa finalidade de impoñer unha solución definitiva á problemática lingüística. Unha montaxe teatral de carácter cómico e retranqueiro a partir de diferentes investigacións sociolingüísticas e de relatos de «Made in Galiza» de Sechu Sende. Precisamente, o público asistente recibirá como agasallo esta publicación no marco da conmemoración do Día das Letras Galegas.