O alcalde trasládase a Coruña para abordar coa Xunta o novo plan de transporte metropolitano en Valdoviño

O alcalde, Alberto González, desplazouse onte a Coruña para abordar co xefe territorial de Infraestruturas da Xunta de Galicia, Jose Antonio Álvarez, o proxecto de transporte metropolitano, na actualidade en fase de exposición pública. Unhas conversas que o rexidor trasladará ao tecido asociativo nunha xuntanza que se celebrará este xoves na casa consistorial. A grandes rasgos, Alberto González mostrouse partidario da última proposta, na que se recollen moitas das demandas trasladadas polo Concello, como a ampliación das liñas, a posta en marcha de servizos a demanda; o acceso a puntos de interese para a veciñanza nos municipios de Narón e Ferrol, tal que centros educativos e instalacións sanitarias, ou a posta en servizo dunha liña á praia e lagoa da Frouxeira na época estival.
 
Aínda así, o alcalde avanzou que continuarán as conversas coa consellería, xa que restan algúns puntos por aclarar e propoñer. Nesta liña, o rexidor reitera a súa opinión de que as novas concesións poden converterse nunha boa oportunidade para mellorar e ampliar servizos en Valdoviño, xa que mellorando o transporte facilitarase o día a día dos veciños.