O Concello convida á cidadanía a disfrutar este domingo da obra de teatro “A súa vida” no parque da praia da Frouxeira

O programa municipal « Escenarios Paralelos » regresa este domingo para ofrecer, nesta ocasión, unha representación teatral no parque infantil da praia da Frouxeira. Será a compañía Leda Teatro a encargada de pór en escena a obra « A súa vida » a partir das 19,30 horas, con entrada de balde. Unha proposta cultural que, en caso de choiva, trasladarase á Casa da Cultura do municipio.
 
Trátase dunha obra dirixida a un público familiar que narra a historia dunha nena e dun neno que nacen o mesmo día. Os dous van medrando e atopándose ó longo da súa vida, medrando, namorando, escoitando, estudando, coidando o un do outro… unha deriva pola vida de dous rapaces que comparten a súa vida.
 
O espectáculo conta co apoio da Deputación provincial da Coruña a través da Rede Cultural.