Os mozos participantes no Curso de Monitor de Tempo Libre encaran as prácticas

O alcalde, Alberto González, acompañado das concelleiras de Cultura e Turismo, Rosana García e Jessica Sabín, clausuraba onte a fase teórica do Curso de Monitor de Actividades de Tempo Libre organizado polo Concello para rapaces e rapazas de 18 a 30 anos. Unha acción formativa na que tomaron parte unha vintena de mozos e que se desenvolveu dende finais do mes de febreiro todas as fins de semana no CPI Atios.
 
Estivo impartido pola Escola de Tempo Libre Néboa e, tras superar a fase teórica (200 horas lectivas e contidos centrados no eido da psicoloxía, socioloxía, medio ambiente, educación no tempo libre ou lexislación), queda agora a fase práctica, que constará de 150 horas con actividades en campamentos xestionados por Néboa.
 
Unha acción que, financiada polo Concello, tivo custe cero para as persoas participantes.