O Concello anima a nenos e maiores a participar na III Volta ás Forcadas

O Concello de Valdoviño vén de abrir a inscrición na terceira edición da carreira Volta ás Forcadas a través do enlace http://inscripciones.ranckr.com/inscripcion/iii-carreira-popular-volta-a.... Trátase dunha cita deportiva incluída no calendario do 3º Circuito CORRE POLO NORTE que promove o Concello de Valdoviño xunto ós municipios veciños de Ortigueira, Cedeira, Cariño, Cerdido, Mañón e Moeche. Todos eles, cun obxectivo común: crear e fomentar un hábito de vida saudable entre a veciñanza, abandoando o sedentarismo, ofrecendo a posibilidade de ocupar de forma saudable o seu tempo de ocio. Un obxectivo que pasa porque a actividade física en nenos e en familia sexa un elemento fundamental das persoas. De aí estas carreiras, onde o importante non son os resultados, senón a participación.
 
Nesta liña, o edil de Deportes, Sergio Saavedra, sinala que a III Volta ás Forcadas celebrarase o 10 de xuño, a partir das 11 horas e punto de partida en Loira. Permitirá aos participantes descubrir un entorno natural único como é o encoro das Forcadas, considerado xa o segundo mar do municipio.
 
Nela poderán participar nenos e maiores e, segundo a idade, estas son as categorías, con distancias adaptadas a estas: Pitufos (2011 e posteriores); Benxamín (2009-2010); Alevín (2007-2008); Infantil (2005-2006), Cadete (2001-2004), Sénior (1984-2000), e Veteranos (2000 e anteriores). Así mesmo, a modo de andaina está aberta a todas as idades.
 
A participación dos menores é gratuíta e, a cuota para as categorías sénior e veteranos, é de catro euros.