O Concello leva ata o Mirador do Paraño a conmemoración do Día do Libro

O alcalde, Alberto González, avanza que o enclave convertirase nunha librería por unhas horas nas que a veciñanza será agasallada con libros
 
Na súa política de sacar as súas propostas culturais fóra dos contenedores tradicionais como a Casa da Cultura, o alcalde de Valdoviño, Alberto González, avanzou esta mañá que o Concello celebrará este ano o Día Internacional do Libro no Mirador do Paraño, recentemente incluído pola Axencia de Turismo de Galicia entre os 50 miradoiros imprescindibles da Comunidade Autónoma. Será o vindeiro domingo 22 de abril, véspera de tan destacada conmemoración. Ata alí, e a partir das 17 horas, viaxarán máis de 200 libros, a meirande parte entregados pola Deputación provincial da Coruña ó Concello no marco do programa “Libros para sermos libres”. Libros cos que o Concello agasallará ós/ás veciños/as que decidan achegarse ó miradoiro nesa xornada.
 
Un enclave que permite unha das mellores panorámicas da lagoa e areal da Frouxeira e da franxa litoral entre Cabo Prior ata os cantís do municipio veciño de Cedeira.