“Quedada” veciñal este sábado en Valdoviño para pintar as súas paisaxes

Veciños e veciñas de todas as idades están convocadas mañá sábado polo Concello de Valdoviño para debuxar e pintar as paisaxes máis fermosas do municipio. Unha iniciativa que promove a Concellería de Cultura por segundo ano consecutivo e tras colleitar un notable éxito de participación en 2017. Tamén repite o guía desta particular expedición, e de novo será o pintor lucense aficando en Valdoviño Manuel Carballeira.
 
O punto de encontro é a Casa da Cultura, ás 10 horas. A partir deste lugar, participantes e guía consensuarán o percorrido a seguir. Iso si, os menores de idade deberán ir acompañados dun adulto, aínda que este non participe no proxecto pintando. E, todos os asistentes, deberán acudir co seu propio material.
 
O pasado ano os enclaves que protagonizaron principalmente os debuxos e acuarelas dos participantes foron a lagoa e praia da Frouxeira.