Clausura da exposición de táboas de Enrique Artero con visita guiada e presentación literaria

A exposición integrada pola colección privada de táboas de Enrique Artero despedirase este venres do Océano Surf Museo de Valdoviño. Foi a primeira mostra temporal destas instalacións únicas en toda España e, como broche de ouro, o Concello promove mañá un acto de clausura moi especial. Ás 19 horas, o propio Enrique Artero guiará unha visita á exposición na que repasará a historia particular de cada unha das táboas.
 
E, xa ás 20 horas, o auditorio da Casa da Cultura, espazo do que se sirve o museo, albergará a presentación de dúas obras xa referentes na literatura do surf en España. Así, Javier Amézaga, cofundador e director editorial da revista 3sesenta, amáis de experimentado surfista, trae a Valdoviño as súas publicacións Surfing The Basque Country e Mundaka surf to live Craig Sage.