A secretaria xeral para o Deporte visita o Océano Surf Museo de Valdoviño

O Océano Surf Museo, o primeiro de España adicado en exclusiva ó surf, recibiu esta mañá a visita da secretaria xeral para o Deporte da Xunta de Galicia, Marta Míguez. O alcalde, Alberto González, exerceu de guía no percorrido polas instalacións, no que tamén participaron as concelleiras de Cultura e Turismo, Rosana García e Jessica Sabín; os concelleiros de Servizos, Obras e Deportes, Benito Vega, Alejandro García e Sergio Saavedra, e o portavoz do grupo municipal do PP, José Antonio Vigo.
 
A visita abarcou tanto a sala expositiva ubicada na primeira pranta da Casa da Cultura, como a sala de exposicións temporais, que acolle actualmente a colección de táboas de Enrique Artero, o auditorio –sede de conferencias e ciclos de cine-, e a biblioteca –na que se realizaron xa cursos formativos en torno ó surf-. Así mesmo, a secretaria xeral realizou unha parada no espazo de realidade virtual e chegou a surfear algunha ola.
 
O alcalde, Alberto González, subliñou o potencial do Océano Surf Museo para contribuír a consolidar a posición de Valdoviño como destino turístico de referencia en España e Europa, aumentando a oferta de actividades culturais e deportivas; favorecer a desestacionalización do turismo e, sobre todo, consolidar e xenerar proxectos profesionais vinculados ó surf, como escolas e surfcamps.
 
O Océano Surf Museo abre as súas portas de luns a venres de 12 a 14 horas e os sábados, domingos e festivos amplía ese horario á tarde (de 16 a 19 horas). A entrada é gratuíta e o Concello organiza tamén visitas guiadas para escolares previo concerto.