Arrancan as “Lecturas compartidas fóra do centro” entre nenos e maiores das parroquias de Sequeiro e Meirás

O programa “Lecturas compartidas fóra do centro” que impulsan o CPI Atios e o Concello de Valdoviño arrancará mañá venres, 9 de febreiro, cun encontro interxeneracional entre o alumnado de 6º A e as persoas maiores das parroquias de Meirás e Sequeiro. Terá lugar a partir das 10,30 horas na antiga unitaria de Sequeiro e todo aquel que esté interesado en asistir está convidado.
 
No mesmo, os rapaces ofrecerán ós maiores unha lectura e estes compartirán con eles a historia dalgunhas mulleres que lles parezan de especial relevancia no seu entorno. Precisamente, e como novidade este ano, o programa inclúese no proxecto “DNI: diferentes na igualdade” que o centro educativo está a realizar neste curso. Así, os relatos e conversas xirarán en torno a mulleres destacadas.