Julio Varela presenta este martes en Valdoviño o seu primeiro libro de poemas “Sueños en la playa”

O escritor ferrolán Julio Varela presentará mañá martes, 5 de decembro, o seu primeiro libro de poemas, titulado « Sueños en la playa », na Casa da Cultura de Valdoviño. No acto estará acompañado do xornalista e crítico literario Nicolás Vidal e de Francisco Rodríguez, de Edicións Embora. Dará comezo ás 20 horas con entrada libre.
 
A obra está adicada precisamente á praia de Valdoviño e, segundo o autor, nace dun sentimento de agradecemento sincero. Alí, tal e como explica, pasou longas tempadas chegado de Londres, a súa cidade de residencia e á que adicará o libro, nesta ocasión en prosa, que está a escribir.