O Concello promove o obradoiro para familias “Educar dende as emocións”

O Concello, a través da Concellería de Servizos Sociais, organiza o obradoiro “Educar dende as emocións”, dirixido ás familias do municipio con nenos e nenas de entre 3 e 12 anos. Celebrarase no local social de Meirás e, para participar, é preciso inscribirse en Servizos Sociais –pranta baixa do consistorio ou teléfono 981 48 70 41 ext.5-. O prazo está aberto ata o día 28 deste mes. As prazas están limitadas a 15 e outorgaranse por orde de inscrición. Así mesmo, a actividade é completamente gratuíta.
 
O obxectivo do obradoiro é comprender a crianza dende un punto de vista emocional, traballando sobre a propia persoa adulta como educadora e canalizadora das emocións infantís co obxectivo de manexar os conflitos e apoiar o crecemento seguro e positivo. Paralelamente, os nenos e nenas xogarán nun obradoiro sobre expresión emocional e realizarán tamén un mandala cun monitor.
 
A actividade terá lugar o 22 de maio, de 17 a 18,30 horas.