Clases de bádminton e ioga

O Concello de Valdoviño ten aberto o prazo de inscrición nas clases de bádminton e ioga.
 
A práctica de bádminton ten lugar no pavillón do Longoiro, os luns e mércores de 18:00 a 19:00 horas. Pola súa banda, a de ioga celébrase tamén os luns e mércores, pero no auditorio da Casa da Cultura e con dous horarios diferentes, de 19:00 a 20:30 e de 20:30 a 22:00h.
 
Máis información sobre estes cursos no teléfono 626 465 531.