Vive Valdoviño!

O Concello presenta a súa campaña Vive Valdoviño! Todo un percorrido polos puntos máis salientables e os recunchos escondidos do noso municipio. Toda a información turística e varios vídeos neste portal: Vive Valdoviño!
 
Ademais, neste verán de 2016 O Concello de Valdoviño elaborou unha Guía de recursos turísticos do concello da mán dos xornalistas María Bouza e Chema Corral. Trátase dunha guía totalmente actualizada sobre praias, rutas, actividades deportivas, festas,... así como establecementos de hostelaría e outros aspectos de interese informativo para todas as persoas que estean interesadas no noso municipio. A guía está dispoñible en liña nesta ligazón: Guía turística de Valdoviño.