News and calendar events are only written in Galician language

O Concello informa de que os establecementos hostaleiros poderán abrir en Fin de Ano ata as 8 horas do 1 de xaneiro

O alcalde de Valdoviño, Alberto González, informou esta mañá de que o Concello vén de recibir a autorización por parte da Consellería da Presidencia para a ampliación dos horarios de peche dos establecementos de hostalería do municipio na noite de Fin de Ano. Unha ampliación de horarios solicitada polo Concello por segundo ano consecutivo e aprobada pola Xunta.
 

Criterios de preferencia para a concesión de autorizacións para formación de surf, bodyboard, longboard e padle surf nas praias de Valdoviño en 2020

Valdoviño conta cunha ordenanza reguladora de uso das praias na que segundo o artigo 7 a realización de calquera tipo de actividade deberá dispor da preceptiva autorización municipal.
 

Concerto PunkInfantil este domingo para nenas e nenos na Casa da Cultura

Concerto PunkInfantil

A programación cultural deseñada polo Concello de Valdoviño para esta época de Nadal continuará este domingo 29 de decembro cunha proposta pensada especialmente para os/as máis pequenos/as da casa e as súas familias. O auditorio da Casa da Cultura acollerá o concerto PunkInfantil, con Peter Punk Pallaso e Brais das Hortas. Unha función que arrancará ás 18 horas con entrada libre e de balde ata completar aforo. A proposta está incluída na Rede Cultural da Deputación provincial da Coruña.
 

O Concello agradece o traballo dos operarios, policías locais e Protección Civil durante a situación de alerta por temporal

Árbore caída

O alcalde, Alberto González, quixo agradecer publicamente o extraordinario traballo realizado polos operarios municipais, axentes da Policía Local e integrantes de Protección Civil durante a pasada fin de semana. Nalgúns casos, incluso renunciando aos seus días de vacacións para atender as necesidades de intervención derivadas do temporal. Tamén ás empresas encargadas do mantemento eléctrico e á concesionaria do servizo de auga, en alerta ante a situación xerada.

O Concello de Valdoviño mellorará o acceso e peche do local social de Vilaboa

As obras de mellora nos locais sociais de Valdoviño impulsadas polo Concello continuarán na parroquia de Vilaboa. Así, o alcalde, Alberto González, avanzaba que, a instancias da veciñanza, o Concello procederá á mellora do acceso e acondicionamento do peche do inmoble, antiga escola unitaria. Será con cargo ao POS Complementario 2019, e a intervención financiarase conxuntamente coa remodelación do antigo palco da música de Loira. En suma, un investimento superior aos 100.000 euros.
 

Pages

Subscribe to Concello de Valdoviño RSS