News and calendar events are only written in Galician language

O Concello abre o prazo de inscrición nun curso de verán de tiro con arco

O Concello de Valdoviño, a través da Concellería de Deportes, promove unha nova edición do curso de verán de tiro con arco. Será o Club Arco A Frouxeira o encargado de impartir as clases no campo municipal de fútbol de Atios, do 19 ao 23 de agosto e de luns a venres. Os horarios previstos serán de 10 a 12 horas e está dirixido a persoas de todas as idades a partir de 8 anos.
 

O Concello convida este venres a veciñanza e visitantes a unha nova sesión de cine ao aire libre

O Concello de Valdoviño convida á veciñanza a unha nova sesión de cine nocturno ao aire libre. Neste caso, co filme de animación infantil «Coco». O pase terá lugar este venres 9 de agosto, a partir das 22 horas, na praza da Casa da Cultura. A iniciativa conta co apoio da Deputación provincial a través da Rede Cultural.
 
Dirixida a un público familiar, «Coco» é unha película de animación estadounidense estreada en 2017. Dirixida por Lee Unkrich, e inspirada na festividade mexicana do Día de Defuntos, foi producida por Pixar e distribuída por Walt Disney Pictures.

Aberta a inscrición na I Andada Senda das Ondas

A ruta celébrase o 6 de agosto

O alcalde, Alberto González, anunciou esta mañá a posta en marcha dunha nova iniciativa de promoción dos principais recursos naturais do municipio: a I Andada Senda das Ondas. Unha ruta única de 20 kms entre Pantín e Punta Frouxeira que o Concello habilitaba no primeiro semestre do ano. Transcorre integramente pola costa e permite coñecer catro praias do Concello que, ademais de pola súa grande riqueza ambiental e paisaxística, destacan pola súa calidade para a práctica do surf: Vilarrube, Baleo, Pantín e A Frouxeira.

O Concello repartirá entre a veciñanza 50 entradas para asistir ao Trofeo Teresa Herrera do Deportivo da Coruña

O Concello de Valdoviño repartirá gratuitamente entre os veciños e veciñas 50 entradas para o partido que este sábado 10 de agosto enfrontará ao RC Deportivo e ao Real Betis Balompé a partir das 21 h horas no estadio de Riazor. Tamén se disputará o partido feminino deste trofeo entre o Real Club Deportivo ABANCA e o UD Granadilla ás 18:30 h. Así o confirmaba hoxe mesmo a Deputación da Coruña, que cede as entradas ao Concello.
 

Valdoviño celebra esta fin de semana a XXIII Baixada de Carrilanas de San Mamede

Cartaz da proba

Valdoviño convertirase esta fin de semana na capital da velocidade e diversión grazas á súa tradicional Baixada das Carrilanas de San Mamede, que este ano acada a súa XXIII edición. Preto de 60 vehículos sen motor construídos en moi diversos materiais e un sinfín de formas competirán por ser os máis veloces nun percorrido que seguirán milleiros de seguidores e curiosos, fieis á cita.
 

Pages

Subscribe to Concello de Valdoviño RSS