News and calendar events are only written in Galician language

O Concello organiza un curso gratuíto de defensa persoal dirixido a mulleres

O Concello, a través da Concellería de Servizos Sociais, organiza a actividade « Prevención de situacións de violencia de xénero : curso de defensa persoal e autocapacidades ». Celebrarase en dúas xornadas : o xoves 16 e o xoves 23 de novembro, en horario de 16 a 20 horas, e terá por escenario o local da asociación veciñal de Lago.

Últimos días para anotarse nos talleres gratuítos para maiores nas parroquias

Obradoiros persoas maiores Valdoviño

O prazo de inscrición nos obradoiros gratuítos para persoas maiores « +Vida » e « Ponlle ritmo á vida ! » conclúe este venres. Así, o Concello lembra que as persoas interesadas en tomar parte nos mesmos deben anotarse no departamento municipal de Servizos Sociais –pranta baixa da casa consistorial- ou chamando ó teléfono 981 48 70 41 ext.5. Estas accións darán comezo o 7 de novembro e celebraranse nas parroquias de Meirás, Pantín, Sequeiro e Vilaboa.
 

Comunicado das Alcaldías de Ferrol, Ortegal e A Mariña polo Tren Ferrol-Ribadeo

Os representantes municipais firmantes

Logo de 18 meses denunciando  intensamente a situación de abandono do servizo de transporte ferroviario da liña Ferrol a Ribadeo, que vertebra o norte galego e presta servizo aproximadamente a un 10% da poboación galega, os doce alcaldes e tenentes de alcalde abaixo asinantes, en representación da veciñanza das comarcas de Ferrol, Ortegal e A Mariña, acudimos na mañá deste venres 20 á convocatoria de Renfe no edificio administrativo da Xunta de Galicia na Praza de España.
 

A Deputación e o Concello avanzan nas obras de ampliación e mellora da estrada DP 2502, que conecta o municipio con Cerdido

Visita do presidente da Deputación a Valdoviño

A Deputación e o concello de Valdoviño dan un paso adiante no proxecto de ampliación e mellora da estrada DP 2502 de Valdoviño a Cerdido, orzamentada en preto dun millón de euros e financiada con cargo ós fondos provinciais. Así, a Casa da Cultura acollerá este luns, día 23, e martes, día 24, pola tarde o acto de levantamento de actas previo á ocupación dos terreos afectados, co que se inicia a fase de expropiacións.
 

Talía Teatro trae a Valdoviño este domingo “Rosa Caramelo e outros contos”

Escea da obra de Talía Teatro

O Concello de Valdoviño invita ás familias a acudir este domingo, 22 de outubro, á Casa da Cultura para disfrutar do espectáculo « Rosa Caramelo e outros contos ». A función, a cargo de Talía Teatro, dará comezo ás 18 horas con entrada libre e de balde ata completar aforo.
 

Pages

Subscribe to Concello de Valdoviño RSS