News and calendar events are only written in Galician language

Medio centenar de persoas tomaron parte en Valdoviño na xornada formativa sobre a promoción de destinos

Organizada pola Mancomunidade de Concellos da Comarca de Ferrol, coa colaboración do Concello, e ao abeiro do convenio asinado coa Axencia Turismo de Galicia para a promoción do xeodestino Ferrolterra-Rías Altas, Valdoviño acolleu onte á tarde unha xornada de formación dirixida ao sector do turismo activo e de surf –nomeadamente ás empresas que conforman a oferta de Activo 365 e Costa das Ondas- así como aos concellos que conforman o xeodestino. Coa participación de TripAdvisor como un dos principais reclamos, tivo moi boa acollida entre o sector e nela tomaron parte 50 persoas.

Manifesto Día Internacional da Muller

Iluminación de cor lila da fachada da casa consistorial

“Cada 8 de Marzo reivindicamos o papel da Muller no mundo, celebrando os dereitos conquistados e o progreso cara unha sociedade máis xusta e igualitaria. Foi a determinación, a loita feminista, a unión de todas as persoas que cos seus actos e palabras conseguiron cada pequena gran victoria. A herdanza que as mulleres da nosa historia deixaron son as pegadas que seguimos para seguir a dar voz a cada muller silenciada en calquera punto do mundo. Labregas que sementaron o noso presente, coidadoras da dignidade e o respeito.

Ata 10 comparsas participarán este sábado no XIX Festival de Valdoviño

O Concello de Valdoviño celebra este sábado 9 de marzo o XIX Festival de Comparsas que arrancará ás 17,30 h cun pasarrúas entre a casa consistorial e a Casa da Cultura, onde se habilitará unha gran carpa para acoller o festival, que estará conducido polo grupo de teatro galego Ghazafelhos. Cada comparsa interpretará ante o público un máximo de dúas cancións ou parodias, e polo menos unha delas terá que estar escrita ou interpretada en galego e unha delas terá que xirar en torno a Valdoviño.

Estudantes do CPI Atios reescriben os contos clásicos dende unha visión non sexista para compartilos cos nenos e nenas do PAI

Alumnos e alumnas de sexto curso do CPI Atios coas súas mestras no PAI

Os alumnos e alumnas de sexto curso de Educación Primaria do CPI Atios veñen de reinterpretar os contos clásicos que acompañaron a tantas xeracións pero dende unha visión non sexista, sen ningún tipo de estereotipo. Un traballo que desenvolveron ao longo das últimas semanas nas aulas baixo a dirección das súas mestras María Dolores Freire Villar e Eva Gómez Leira e que esta mañá compartían cos máis pequerrechos e pequerrechas do municipio: os nenos e nenas que acoden a diario á Aula da Natureza-Punto de Atención á Infancia de Valdoviño.

Últimos días para presentar candidaturas á I edición da Gala do Deporte de Valdoviño

Valdoviño celebrará a primeira edición da súa Gala do Deporte o 22 de marzo. Unha iniciativa coa que se queren recoñecer e pór en valor os méritos dos deportistas locais que teñan destacado especialmente ao longo do 2018, pero tamén a novas promesas e adestradores, e a entidades e persoas que contribuísen especialmente á promoción do deporte a través do seu traballo e entrega.
 

Pages

Subscribe to Concello de Valdoviño RSS