News and calendar events are only written in Galician language

Valdoviño celebra este sábado a X Mostra de Teatro Infantil

Os amantes do teatro teñen este sábado unha cita en Valdoviño. No auditorio da Casa da Cultura celebrarase a partir das 18 horas a Mostra de Teatro Infantil que, este ano, alcanza a cifra redonda de dez anos. E, para celebralo, o programa inclúe actuacións do máis alto nivel. Así mesmo, será o coñecido mago e showman Cayetano Lledó o encargado de conducir o acto e amenizar as pausas necesarias para o cambio de escenario.
 

Os maiores das diferentes parroquias reúnense para celebrar o fin de curso dos obradoiros de musicoterapia

Foto de familia do encontro

Algúns nin sequera se coñecían, a pesares de vivir a escasos quilómetros, e outros «de vista», pero onte reuníronse na Casa da Cultura de Valdoviño para celebrar unha festa de fin de curso. A dos obradoiros de musicoterapia e +vida que, dende o mes de outubro, se veñen celebrando nas diferentes parroquias de Valdoviño e nos que participan veciños e veciñas maiores de 60 anos. En suma, tomaron parte ó longo do curso, medio centenar de persoas, repartidas nos talleres de Meirás, Pantín, Valdoviño, Vilaboa e Vilarrube.

O Concello solicitará á Deputación que asuma a contratación das obras na piscina para acelerar o proceso administrativo

O pleno aprobou esta mañá por unanimidade a petición
 
Os cambios lexislativos introducidos na nova Lei de Contratos da Administración freou durante meses os procedementos
 

A II Exhibición de Judo Concello de Valdoviño reunirá este sábado a uns 150 deportistas no pavillón do Longoiro

Exhibición Judo

Dar a coñecer o judo e implicar aos máis novos na súa práctica é un dos obxectivos da segunda edición da Exhibición de Judo Concello de Valdoviño que se celebrará este sábado, 2 de xuño, no pavillón municipal do Longoiro, na parroquia de Meirás. A cita, organizada polo Clube Bitácora de Ferrol e a Concellería de Deportes de Valdoviño, reunirá a uns 150 nenos e nenas que a diario adestran no Bitácora e que proceden dos diferentes municipios da comarca. Así mesmo, tamén tomarán parte algúns judokas do Judo Lugo convidados a este evento deportivo.
 

Charla sobre prevención de incendios e distancias de plantación forestal este venres na cooperativa de Vilaboa

Charla celebrada recentemente na Casa da Cultura

O salón de actos da cooperativa de Vilaboa será escenario este venres, 1 de xuño, dunha charla informativa sobre as medidas de prevención contra os incendios e as distancias de plantación forestal establecidas recentemente pola Xunta de Galicia. A ponencia correrá a cargo dun técnico forestal, que estará acompañado polo alcalde, Alberto González, que á súa vez tentará solventar as dúbidas xeradas en torno a este tema.
 

Pages

Subscribe to Concello de Valdoviño RSS