News and calendar events are only written in Galician language

O Concello abre a inscrición nos talleres gratuítos de estimulación cognitiva

O Concello de Valdoviño reedita a súa aposta polos obradoiros de estimulación cognitiva para maiores de 60 anos. E, esta mañá, o alcalde, Alberto González, informaba da apertura do prazo de inscrición na actividade, con participación completamente gratuíta e preferencia para as persoas empadroadas no municipio de Valdoviño. Pode formalizarse na Casa da Cultura, ata o venres 11 de outubro (incluído), de luns a venres e en horario de 10 a 14 horas.
 

O Concello reparte gratuitamente 90 entradas para o partido entre as seleccións de España e Azerbaiyán

O Concello de Valdoviño repartirá gratuítamente 90 entradas para asistir ao partido da fase clasificatoria da Eurocopa 2021 que enfrontará á selección española de fútbol feminino e á selección de Azerbaiyán. Encontro que terá lugar este venres 4 de outubro ás 21,30 horas no estadio de Riazor.
 
As entradas foron cedidas pola Deputación provincial da Coruña e daranse dúas por persoa presentando o DNI e acreditando a residencia no municipio de Valdoviño.
 

Danzas do Mundo, na oferta cultural do Concello de Valdoviño para o curso 2019/20

Nova oferta cultural

O Concello de Valdoviño informa da posta en marcha de clases de Danzas do Mundo. Unha actividade que se incorporaba á programación cultural do municipio hai dous anos cunha moi boa acollida entre a veciñanza. Son clases gratuítas, dirixidas a persoas maiores de 16 anos, con preferencia para as empadroadas en Valdoviño.
 

O Concello incorpora á súa oferta deportiva atletismo para nen@s a partir de 4 anos

A actividade é para nenos dende 4 anos

O Concello de Valdoviño incorpora á súa programación de actividades deportivas as clases de atletismo. Nesta liña, o concelleiro de área, Sergio Saavedra, explicou que se celebrarán dous días á semana, con sesións dunha hora. Será no CPI Atios, onde se dispón de espazo cuberto, que se adaptará para os xogos de atletismo. A actividade está dirixida a nenos e nenas a partir de 4 anos que desexen iniciarse neste deporte.

Carlos Bouza e Luz Cercido, gañadores da IV Milla Urbana Concello de Valdoviño

A participante máis nova

Carlos Bouza e Luz Cercido proclamáronse vencedores da cuarta edición da Milla Urbana do Concello de Valdoviño. Unha cita deportiva cun marcado carácter solidario, xa que a recadación das inscricións destinouse a Cáritas Valdoviño. Así mesmo, o concelleiro de Deportes, Sergio Saavedra, entregaba á pequena Lola Caneiro Fraga, de tan só 2 anos, o seu premio como participante máis nova e o alcalde, Alberto González, facíalle entrega a José Pantín López, de 73, o recoñecemento como o corredor máis veterán.
 

Pages

Subscribe to Concello de Valdoviño RSS