News and calendar events are only written in Galician language

Arranca a tramitación das obras para a construción da senda peonil e ciclista entre a lagoa da Frouxeira e Meirás

O alcalde, Alberto González, informou esta mañá da publicación no Diario Oficial de Galicia do decreto polo que se declara a utilidade pública e se dispón da urxente ocupación dos bens e dereitos afectados polo proxecto de construción do itinerario peonil e ciclista entre a lagoa da Frouxeira e Meirás. Na práctica, arranca así o procedemento administrativo para materializar o proxecto, que conta cun orzamento duns 865.000 euros que financiará a Xunta de Galicia.

Concello e CPI Atios colaboran nas obras de acondicionamento do centro educativo

Visita ao colexio
Visita ao colexio

O alcalde, Alberto González, e o director do CPI Atios, Antonio Cebreiro, informaban esta mañá do remate dunha serie de actuacións de acondicionamento realizadas nas instalacións educativas e, máis concretamente, nas dependencias de Secretaría, Dirección e na antiga vivenda do conserxe. Nas primeiras, o Concello procedía ao pintado das estancias e á renovación do chan por tarima flotante, namentras que o CPI financiaba a adquisición de novo mobiliario de oficina obrigado polo deterioro do anterior.
 

O Concello tramita as axudas do Bono Coidado para familias con fillos menores de 12 anos

O Concello de Valdoviño, a través da Concellería de Servizos Sociais Comunitarios, vén de informar da apertura do prazo para presentar as solicitudes ó programa Bono Coidado, destinado ás familias con fillos menores de 12 anos. Así, as persoas interesadas en anotarse a este programa para favorecer a conciliación da vida familiar e laboral poden dirixirse ó departamento municipal de Servizos Sociais –pranta baixa da casa consistorial-, onde recibirán a información necesaria sobre a documentación a entregar e, ademáis, os técnicos municipais encargaranse de tramitar as solicitudes.

A ANPA Beiramar entrega ao CPI Atios o desfibrilador e equipamento acadado coa campaña proxecto salvavidas

Acto de entrega
Acto de entrega
Entrega do desfibrilador

A día de hoxe, o CPI Atios, no que estudan máis de medio millar de nenos e nenas, é un espazo cardioprotexido, e a consecución deste logro foi un éxito colectivo que nacía da iniciativa da ANPA Beiramar. Pais e nais poñían en marcha no mes de outubro unha campaña solidaria, ao abeiro da iniciativa Proyecto Salvavidas, para acadar o ansiado desfibrilador para o centro a través da venda de pulseiras. Un proxecto ao que se unía o Concello, que instalaba de forma provisional un dos desfibriladores cos que conta.

Consulta do Censo Electoral

O Alcalde-Presidente do Concello de Valdoviño fai saber:
 
En virtude do establecido na modificación da Lei Orgánica 5/1985, de 19 de xuño, do Réxime Electoral Xeral, establecida pola Lei Orgánica 1/2003, de 10 de marzo, o Concello porá a disposición pública a consulta do censo electoral deste Concello, por medios informáticos e unha relación das mesas electorais, nas oficinas municipais, Negociado de Estatística do 11 ó 18 de marzo inclusive, podendo dentro do dito prazo consulta-lo censo e presentar se procede reclamación.
 

Pages

Subscribe to Concello de Valdoviño RSS