News and calendar events are only written in Galician language

O Concello inicia a demolición da antiga escola de Atios, en estado ruinoso, para habilitar un aparcadoiro que dé servizo ao centro de saúde e á casa da cultura

O Concello de Valdoviño habilitará un novo aparcadoiro anexo ao centro de saúde e da casa da cultura con capacidade para uns 30 vehículos. Ocupará os terreos municipais sobre os que ata o momento se levantaba a antiga escola de Atios, un inmoble en estado ruinoso cuxa demolición arrancaba esta semana a cargo da empresa Excavaciones Javier Ares.

Valdoviño abre este luns as portas da súa Oficina Municipal de Turismo

Oficina Municipal de Turismo de Valdoviño

O alcalde, Alberto González, informou esta mañá de que a Oficina Municipal de Turismo abrirá este luns as súas portas. Estará operativa os sete días da semana grazas á incorporación de dous técnicos de turismo, contratados ao abeiro dunha subvención procedente da Deputación provincial da Coruña. 
 

A Mancomunidade recibe unha subvención de máis de 55.300 euros para o servizo de atención temperá para nenos/as

Imaxe dunha das últimas xuntanzas da Mancomunidade

A Mancomunidade de Concellos da Comarca de Ferrol celebrou onte un novo pleno no que se deu conta da subvención de 55.342,98 euros que o organismo —integrado polas administracións locais de Ferrol, Ares, Cabanas, Cedeira, Fene, Mugardos, Narón, Neda e Valdoviño— vén de recibir do goberno autonómico para o servizo de Atención Temperá que presta a través dun convenio coa Asociación de Pais de Nenos con Problemas Psicosociais (Aspaneps). 
 

A veciñanza xa pode pedir a súa futura conexión á rede de saneamento e abastecemento proxectada en Lago, Meirás e Valdoviño

Plano dunha das actuacións

O Concello de Valdoviño informou esta mañá de que as obras de ampliación da rede de abastecemento de auga en diferentes puntos da parroquia de Meirás e Valdoviño e a de saneamento en Lago comezarán nos vindeiros días cun orzamento de 162.790 euros. Con esa previsión, o alcalde, Alberto González, apuntou que os/as veciños/as interesados en contar con estes servizos xa poden solicitar a súa futura alta en Viaqua. Pode facerse presencialmente con cita previa chamando ao teléfono gratuíto 900 201 230 ou a través da súa web: www.viaqua.gal.
 

Aviso corte no subministro eléctrico

Co fin de efectuar traballos de mantemento na rede eléctrica, Naturgy informa de que este mércores 10 de xuño, entre as 8 e as 12 horas, deixará fóra de servizo unha serie de instalacións, o que pode provocar interrupcións no suministro eléctrico durante este intervalo de tempo. As zonas afectadas son as seguintes: A Braxe, A Carbeira, A Cruxeira, As Cortiñas, Campo da Taberna, Candail, O Basteiro, Pena do Boi, Porta do Novo (Aldea Pena do Boi)
 

Pages

Subscribe to Concello de Valdoviño RSS