News and calendar events are only written in Galician language

O Concello saca a contratación a renovación do alumeado con tecnoloxía LED do campo de fútbol municipal

O Concello de Valdoviño vén de sacar a contratación os traballos de mellora da eficiencia enerxética no campo municipal de fútbol de Mourente por un importe de 47.701,59 euros. E, nesta liña, as empresas poderán presentar a súa oferta ao procedemento ata o 23 de febreiro. O anuncio de licitación e pliegos están publicados para a súa consulta na plataforma de contratación do sector público.
 

Últimos días para participar no concurso de debuxo infantil para elixir á mascota do Océano Surf Museo 2020

Cartaz Concurso Océano Surf Museo

O Concello de Valdoviño anima ao alumnado do CPI Atios e das escolas unitarias do CRA O Esquío –de todos os cursos e idades- a participar no concurso de debuxo organizado polo Océano Surf Museo coa idea de seleccionar a súa Mascota do Ano, unha imaxe que o representará neste 2020. O prazo de presentación de traballos no museo concluirá este domingo, 9 de febreiro.
 

O novo programa municipal “Concilia Mañás!” no CPI Atios arrancaba esta mañá con nove nenas e nenos

Primeira xornada de Concilia Mañás!

O programa «Concilia mañás!» arrancaba hoxe no comedor do CPI Atios coa participación de nove nenas e nenos. Trátase dun servizo de conciliación da vida laboral e familiar e almorzos impulsado polo Concello de Valdoviño. Dirixido a estudantes de entre 3 e 12 anos, desenvolverase de luns a venres de 8 a 9,30 horas. Nesta liña, o alcalde, Alberto González, sinala que aínda quedan prazas libres, polo que as familias interesadas poden formalizar a súa inscrición no departamento municipal de Servizos Sociais (planta baixa da casa consistorial).

O Concello acolle este martes a primeira das xornadas formativas sobre a sede electrónica e a tramitación de subvencións

O Concello de Valdoviño, en colaboración coa Deputación provincial da Coruña, organiza dúas xornadas formativas sobre o uso da sede electrónica municipal e sobre a tramitación de subvencións. A primeira delas terá lugar mañá martes, 4 de febreiro, e repetirase a vindeira semana (o mércores 12). Será na casa consistorial en horario de 10 a 11 horas sobre o uso da sede electrónica, e de 11 a 12 horas sobre a tramitación de subvencións. A participación é libre e de balde e non se require de inscrición previa.
 

O Concello estenderá a tecnoloxía LED ao pavillón municipal de O Longoiro

Reducir o consumo eléctrico asociado á iluminación, mellorar a eficiencia enerxética e as condicións do alumeado, tanto en intensidade como en uniformidade, son os obxectivos do proxecto de mellora da eficiencia enerxética que o Concello de Valdoviño levará a cabo no pavillón municipal de O Longoiro, en Meirás. Unha intervención que, como explicou o alcalde, Alberto González, contempla a implantación de tecnoloxía LED nas lámpadas actuais, holoxenuros metálicos, co que se logrará un aforro enerxético estimado do 50%.
 

Pages

Subscribe to Concello de Valdoviño RSS