News and calendar events are only written in Galician language

Concerto este sábado do alumnado da Escola de Música do Concello de Valdoviño

O alumnado da Escola de Música do Concello de Valdoviño ofrecerá este sábado 21 de decembro un concerto de Nadal onde amosarán parte do aprendido ao longo dos últimos meses.
 
O recital terá lugar no auditorio da Casa da Cultura, a partir das 19,30 horas, con entrada libre e de balde.
 

O Concello convertirá o antigo palco da música de Loira nun auténtico local social cun investimento cercano aos 100.000 euros

Recreación da intervención

O alcalde de Valdoviño, Alberto González, avanzou esta mañá que o Concello procederá á reforma integral do antigo palco da música de Loira para transformalo nun auténtico espazo de reunión e actividade veciñal. Será grazas ao POS Complementario 2019, cun investimento superior aos 100.000 euros. Unha partida que tamén contempla obras de mellora no local social de Vilaboa.

O Concello pon en marcha Xoga en Nadal para nenas e nenos de 5 a 12 anos

Cartaz Xoga en Nadal

O concelleiro de Deportes, Sergio Saavedra, informou esta mañá da posta en marcha do programa municipal Xoga en Nadal. Celebrarase coa vista posta nas vacacións escolares, e está dirixido a nenas e nenos de entre 5 e 12 anos. Todas/os elas/es poderán participar nunha morea de actividades deportivas como baloncesto, fútbol sala ou xogos populares no pavillón do CPI Atios. Será os días 23, 24, 26, 27, 30 e 31 de decembro e máis o 2 e 3 de xaneiro en horario de 11 a 13 horas.
 

O Concello aproba os investimentos a realizar con cargo aos fondos provinciais 2020

O alcalde de Valdoviño, Alberto González, anunciou a aprobación en pleno, por unanimidade, dos investimentos que o Concello realizará con cargo aos diferentes plans e programas provinciais para o 2020. Así, a Achega 2019, por un importe de 51.909,44 euros destinarase á mellora dos locais sociais de Montefaro –Meirás- e Vilaboa, continuando coas actuacións xa realizadas en inmobles municipais como a reforma integral do de Aviño e a dotación dun módulo de aseos en Loira –coa próxima rehabilitación integral a punto de saír a licitación-.

Arranca o curso de xestión do estrés e riscos psicosociais no servizo de axuda a domicilio

Inauguración da acción formativa

O salón de plenos do Concello de Valdoviño acolle dende hoxe e ata este xoves o curso de Xestión do Estrés e Riscos Psicosociais no Servizo de Axuda a Domicilio dirixido a persoas traballadoras no sector, aínda que aberto a todo o mundo interesado no tema. Dez mulleres toman parte na iniciativa organizada pola Concellería de Servizos Sociais e esta tarde o alcalde, Alberto González, dáballes a benvida, agradecíalles a súa asistencia e confiaba en que a acción formativa fose de utilidade.
 

Pages

Subscribe to Concello de Valdoviño RSS