News and calendar events are only written in Galician language

A conselleira de Medio Ambiente e o alcalde visitan a Aula da Natureza, en pleno paseo da lagoa da Frouxeira, con motivo do Día Internacional dos Humidais

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, e o alcalde de Valdoviño, Alberto González, visitaron esta mañá a Aula da Natureza-Punto de Atención á Infancia do municipio para celebrar, xunto aos/as escolares, a conmemoración do Día Internacional dos Humidais. Unha visita na que tamén tomaron parte concelleiras e concelleiros da corporación e na que coñeceron moi de preto o proxecto educativo destas instalacións, emprazadas en pleno paseo da lagoa e praia da Frouxeira.

As escolas unitarias dan a coñecer o seu proxecto educativo ás familias da Aula da Natureza-Punto de Atención á Infancia

Momento da presentación

Aproveitando o encontro de familias que a Aula da Natureza-Punto de Atención á Infancia celebra cada mes, o equipo docente do CRA O Esquío de Valdoviño realizou para todas elas unha pequena presentación do seu proxecto educativo. O obxectivo era claro: dalo a coñecer entre os pais e nais dos/as potenciais alumnos/as para lograr novas matriculacións que blinden a súa continuidade en futuros exercicios.
 

Xornadas formativas sobre a sede electrónica e a tramitación de subvencións

O Concello de Valdoviño, en colaboración coa Deputación provincial da Coruña, organiza dúas xornadas formativas sobre o uso da sede electrónica municipal e sobre a tramitación de subvencións.
 
Deste xeito, a veciñanza coñecerá como empregar a oficina dixital do Concello e os métodos de identificación que lles permiten autenticarse de maneira segura ante as administracións públicas, así como o xeito de tramitar as diferentes liñas de axudas.
 

24 empresas optan ao contrato para ampliar a rede de abastecemento de auga en Meirás e Valdoviño e de saneamento en Lago

Un total de 24 empresas optan ao contrato do Concello de Valdoviño para a ampliación da rede de abastecemento de auga en diferentes puntos das parroquias de Meirás e de Valdoviño, e a de saneamento noutros lugares da de Lago. No seu conxunto, as nove intervencións previstas suman un orzamento de 229.756,18 euros, que a Administración local financiará con cargo ao POS+2019 da Deputación provincial da Coruña. O prazo de presentación das ofertas pechábase o día 20 de xaneiro e o pasado venres celebrábase a primeira mesa de contratación.
 

A Xunta anuncia o inicio da execución da senda na estrada AC-116, entre Riobó e Lago, en Valdoviño

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través da Axencia Galega de Infraestruturas, comezará esta semana as obras de construción do itinerario peonil e ciclista na estrada AC-116, entre Riobó e Lago, entre os puntos quilométricos 7+120 a 8+800, ao seu paso polo concello de Valdoviño.
 
Esta actuación foi adxudicada á empresa Copasa, por importe de preto de 640.000 euros, e ten un prazo de execución de seis meses aproximadamente.
 

Pages

Subscribe to Concello de Valdoviño RSS