News and calendar events are only written in Galician language

O Concello de Valdoviño conclúe a rehabilitación do local veciñal de Aviño

O alcalde de Valdoviño, Alberto González, realizaba esta mañá unha visita de fin de obra ao local da asociación de veciños de Aviño acompañado do concelleiro de Obras, Benito Vega. Un inmoble que foi obxecto nos últimos meses dunha reforma integral. O edificio veciñal, de 1930, conta cunha superficie útil de 135 m2 e noutrora albergou a escola unitaria. Aínda que foi susceptible dunha reforma nos anos 80, trinta anos despois o deterioro sufrido polo paso do tempo facía necesaria a intervención realizada, financiada con cargo ao POS+ da Deputación provincial da Coruña.

Aberta a inscrición na Volta ás Forcadas

Cartaz da carreira

O Concello de Valdoviño vén de abrir a inscrición na cuarta edición da carreira Volta ás Forcadas. Trátase dunha cita deportiva coa que crear e fomentar hábitos de vida saudable entre a veciñanza, abandoando o sedentarismo e ofrecendo a posibilidade de ocupar de forma saudable o seu tempo de ocio. Un obxectivo que pasa porque a actividade física en nenos e en familia sexa un elemento fundamental das persoas. De aí esta carreira, onde o importante non son os resultados, senón a participación.
 

Aberta a matrícula na Aula da Natureza- Punto de Atención á Infancia

O Concello de Valdoviño abría hoxe, e ata o 15 de xuño, o prazo de matrícula na Aula da Natureza-Punto de Atención á Infancia. Un trámite a realizar nas propias instalacións –sitas na contorna da lagoa da Frouxeira- para todas as familias que realizaron previamente a preinscrición para o próximo curso.
 

Martín Vilar, Iván Pita, Amador García e Luciano Piñón, campións do III Open de Tenis Concello de Valdoviño

O Open de Tenis Concello de Valdoviño disputado no día de onte no pavillón municipal do Longoiro, en Meirás, xa ten gañadores. Así, Martín Vilar proclamouse campión infantil; Iván Pita impúxose na categoría Junior; Amador García, na absoluta, e Luciano Piñón na categoría absoluta nivel 2. De igual xeito, Ainoa Balado resultou subcampiona infantil; Andrea Miranda, subcampiona junior; Néstor Fernández, subcampión absoluto e Fernando Vilar, subcampión absoluto nivel 2.
 

Arjé Teatro trae este domingo a Valdoviño a súa obra “O Veredicto”

Cartaz da obra

Un ano máis, a compañía «Arjé Teatro» do IES Breamo de Pontedeume regresa a Valdoviño para ofrecer a súa última obra: O Veredicto. Será este domingo 2 de xuño no auditorio da Casa da Cultura, a partir das 19 horas, con entrada libre e de balde.
 

Pages

Subscribe to Concello de Valdoviño RSS