News and calendar events are only written in Galician language

Programa de Nadal

O Concello organizou unha intensa actividade cultural para este mes, especialmente para as festas de Nadal.
 
Ademais do programa Un Nadal diferente, haberá teatro, cine, maxia, panxoliñas, música e moitas actividades para os máis pequenos, os grandes protagonistas do Nadal.
 
Pódense ver todos os eventos na axenda da web ou no seguinte arquivo.

Cea homenaxe ós maiores de Valdoviño.

O día  21 de decembro de 2012 ás 21:00 horas no Restaurante Brisas, celebramos a cea homenaxe ós maiores de Valdoviño.
   Requisitos:

  • Ser maior de 65 anos (non teñen que cumplir este requisito os/as cónxuxes dos maiores).
  • Figurar empadroados no concello de Valdoviño.

Inscripcións: No departamento de servizos sociais, na pranta baixa do concello a partir do día 10 ata o 14 de decembro, en horario de 9:00 a 12:00 horas.

Aprobada lista de admitidos/as no proceso selectivo da praza de Traballador/a social

Publícase a lista de admitidos/as no proceso selectivo para a provisión con carácter laboral-temporal dunha praza de Traballador/a social e fíxase a data e hora de exame para o vindeiro mércores día 5 de decembro ás 9:30 horas no CPI ATIOS.

Última semana para enviar fotos para o calendario

Esta é a última semana para enviar as fotos para confeccionar o calendario municipal de 2013.
 
Lembramos que todas aquelas persoas interesadas en que a súa fotografía apareza no calendario poden enviar as instantaneas que consideren axeitadas, xunto co nome do autor, ao enderezo de correo web@concellodevaldovino.com ou entregalas nun soporte físico na Casa da Cultura.

O concello de Valdoviño conmemora hoxe o Día contra a Violencia de Xénero

 O concello de Valdoviño conmemora hoxe o Día Internacional contra a violencia de Xénero. Con este motivo, o persoal de Servizos Sociais sairá ás rúas para falar con veciños e veciñas e fomentar así unha maior sensibilización con este tema. Ademais, haberá un reparto de piruletas e “vales” que simbolicen a importancia de tratarnos con dozura e respecto, clave para establecer unhas relacións positivas de bo trato.

Pages

Subscribe to Concello de Valdoviño RSS