News and calendar events are only written in Galician language

O Concello de Valdoviño convoca á veciñanza á VI Andada Urbana polo Bo Trato

O Concello de Valdoviño convoca, por sexto ano consecutivo, a Andada Urbana polo Bo Trato e para a Eliminación da Violencia contra as Mulleres. Unha marcha reinvindicativa incluída na programación deseñada pola Administración local para conmemorar o Día contra a Violencia de Xénero. Celebrarase este sábado, 30 de novembro, e desenvolverase en horario de tarde para facilitar a asistencia.
 

I Xornadas Surf e Desenvolvemento Sostible no Océano Surf Museo de Valdoviño

Valdoviño acollerá este xoves e venres as  I Xornadas Surf e Desenvolvemento Sostible. Celebraranse no Océano Surf Museo con entrada libre e, segundo explicou o alcalde, Alberto González, con elas búscase crear unha canle de diálogo entre as entidades que, tanto no concello como na bisbarra, desenvolven a súa actividade económica en torno ao produto de surf. Deste xeito, o seu obxectivo fundamental é mellorar a competitivade do sector no territorio.

O Concello presenta este luns a Estratexia municipal de prevención de violencias machistas e fomento da igualdade

O alcalde, Alberto González, convidou esta mañá á veciñanza a tomar parte na presentación da Estratexia Municipal de Prevención das Violencias Machistas e Fomento da Igualdade entre Mulleres e Homes. Un documento no que se estivo a traballar nos últimos meses a nivel municipal e comunitario co fin de activar os mecanismos e recursos necesarios para construír un concello libre de violencia machista. A súa presentación coincidirá co Día Mundial contra a Violencia de Xénero, este luns 25 de novembro. Será na Casa da Cultura, a partir das 18 horas, e entrada de balde.

Alumnado e equipo docente convírtense en arquitectos para redeseñar as zonas de xogo do CPI Atios de Valdoviño

A futura transformación dos patios do CPI Atios guiarase polos planos elaborados en base aos desexos, reflexións e intereses dos alumnos e alumnas e equipo docente do centro. Uns e outros convertíronse temporalmente en arquitectos para redeseñar esas grandes áreas de xogo, tomando parte nunha dinámica impulsada polo Concello de Valdoviño. Foi un proxecto cooperativo cuxos primeiros resultados avanzaban esta mañá o alcalde, Alberto González, e o director do CPI, Antonio Cebreiro.
 

THE-Sastre Teatro representará este sábado en Valdoviño “Os segredos de Greta”

A Casa da Cultura de Valdoviño acollerá este sábado 23 de novembro a representación da obra «Os segredos de Greta», a cargo da compañía THE-Sastre e no marco do 1o ciclo de teatro amador AMATEGA-Escenamateur Galicia. Será a partir das 19 horas, con entrada libre e de balde ata completar aforo.
 

Pages

Subscribe to Concello de Valdoviño RSS