News and calendar events are only written in Galician language

Valdoviño conta cunhas 2.700 prazas de estacionamento nas inmediacións das súas praias, das que 750 reservaranse a veciñ@s

O Concello de Valdoviño conta con preto de 2.700 prazas de estacionamento para dar servizo aos usuarios e usuarias das súas praias principais. Desa cifra total, unhas 750 estarán reservadas para uso das persoas empadroadas no Concello e tamén traballadoras e traballadores ligados ao mar e aos areais, tal que mariscadoras, percebeiros ou persoal dos establecementos de hostalería situados a pé de praia. Na práctica, estes últimos poderán estacionar nesas zonas ou nas de uso libre.

Inscrición aberta no programa autonómico "Coñece Galicia" para nenas e nenos de 10 a 14 anos

Aberta a inscrición no programa autonómico “Coñece Galicia” dirixido a nenos e nenas empadroados/as en Galicia que teñan entre 10 e 14 anos no momento da solicitude. Unha iniciativa lúdico formativa para desenvolver en aloxamentos turísticos distribuídos por toda a xeografía galega en estancias de 5 días, de luns a venres, que sirva tanto para apoiar a adquisición de competencias e habilidades por parte das persoas máis novas como para fomentar o coñecemento da riqueza natural e patrimonial de Galicia, o coidado do medio ambiente e o ocio educativo.

O Concello suma ioga e bailes latinos á súa oferta deportiva de verán OcioSol

Bailes latinos e ioga

O concelleiro de Deportes, Sergio Saavedra, informou esta mañá de que o Concello sumará á súa oferta deportiva de verán, OcioSol, dúas novas actividades: ioga e bailes latinos. Así, as persoas interesadas en anotarse poden facelo xa a través do correo electrónico deportes@concellodevaldovino.com ou na casa consistorial -a ficha pode descargarse da web municipal: http://www.concellodevaldovino.com/?q=gl/node/4194-.
 

Sesión de cine nocturno este xoves en Meirás co filme “O Bosque animado”

O Bosque Animado

O Concello de Valdoviño convida a nen@s e maiores a unha sesión de cine ao aire libre nocturno este xoves. Celebrarase a partir das 22,45 horas no campo da festa de Meirás, que se converterá por unhas horas nunha sala de proxeccións para acoller o pase do filme de animación «O Bosque animado». Unha actividade incluída na Rede Cultural da Deputación provincial da Coruña.
 

O Concello inviste 120.000 euros no servizo de socorrismo das praias

Servizo socorrismo Valdoviño

As praias de Valdoviño contan dende esta semana co servizo de socorrismo. Un servizo no que o Concello fai un especial esforzo inversor, destinando unha partida que alcanza os 120.000 euros. Son 22 os/as profesionais que velarán pola seguridade nos principais areais do municipio en canto a afluencia de bañistas: A Frouxeira, Pantín, O Río, Baleo e Vilarrube. Permanecerán a pé de praia de 12,30 a 19,30 horas e haberá dúas persoas encargadas de organizar o servizo.
 

Pages

Subscribe to Concello de Valdoviño RSS