News and calendar events are only written in Galician language

O Concello abre a inscrición no programa Concilia Tempos, ocio didáctico para nenos e nenas en xullo e agosto

O alcalde, Alberto González, informou esta mañá que o Concello, a través da Concellería de Servizos Sociais, porá en marcha nos meses de xullo e agosto o programa municipal Concilia Tempos.
 
Un recurso para favorecer a conciliación familiar e laboral das familias do municipio nas vacacións escolares e unha completa oferta de actividades de ocio didáctico para os máis pequenos e pequenas da casa, como roteiros, xogos, deportes, natureza, investigación...
 

Bando Luminarias de San Xoán e San Pedro 2019

O Alcalde/Presidente do Concello de Valdoviño fai saber:
Co obxecto de proceder a inscrición neste concello, para as luminarias de San Pedro e San Xoán en ámbitos de solo Urbano e Núcleo Rural haberá que ter en conta en todo caso as seguintes precaucións:

Últimos días para anotarse nas I Xornadas de Pesca Infantil Concello de Valdoviño

As xornadas celébranse en Vilarrube

O concelleiro de Deportes, Sergio Saavedra, anima a nenos e rapaces a apuntarse nas I Xornadas de Pesca Infantil, organizadas pola Asociación Deportiva O Rodaballo coa colaboración do Concello. Celebraranse o sábado 22 de xuño, de 18,30 a 21,30 horas na praia de Vilarrube, e están dirixidas a menores de 18 anos.
 
A participación é gratuíta e a inscrición está aberta. Débese formalizar no Concello de Valdoviño de 9 a 14 horas ou a través do email rodaballoferrol@gmail.com (o prazo pecharase o 18 de xuño).

Aberto o prazo para solicitar unha praza no Campus de Verán do RC Celta en Ares

Cartaz do campus

O Concello de Valdoviño pon a disposición dos nenos e nenas de entre 4 e 16 anos, empadroados no municipio, unha praza para participar no Campus de Verán da Fundación Celta by Cabreiroá que se celebrará en Ares entre o 15 e o 19 de xullo.
 

Últimos días para apuntarse á Volta ás Forcadas

Últimos días de inscrición

O Concello de Valdoviño lembra que este xoves 13 de xuño conclúe o prazo de inscrición na cuarta edición da carreira Volta ás Forcadas. Unha cita deportiva para todas as idades que se celebrará este domingo día 16, a partir das 11 horas e punto de partida en Loira. Con cuota de 4 euros para as categorías sénior, é gratuíta para as restantes. Así, o concelleiro de área, Sergio Saavedra, apunta que as persoas interesadas en tomar parte deben anotarse na seguinte web: www.galitiming.com.
 

Pages

Subscribe to Concello de Valdoviño RSS