News and calendar events are only written in Galician language

Arranca o curso na Aula da Natureza-Punto de Atención á Infancia de Valdoviño coa participación de 14 nenos e nenas

Un total de 14 nenos e nenas iniciaban esta semana o curso na Aula da Natureza-Punto de Atención á Infancia. Esta mañá, o alcalde, Alberto González, visitaba as instalacións, emprazadas na contorna da lagoa e praia da Frouxeira, e informaba de que hai 6 prazas vacantes, co que as familias interesadas neste recurso de conciliación da vida familiar e laboral aínda poden solicitar unha delas no departamento municipal de Servizos Sociais (pranta baixa da casa consistorial).
 

O Concello de Valdoviño abre a inscrición este martes nas actividades da Escola de Música

O Concello de Valdoviño informou esta mañá de que o vindeiro martes, 10 de setembro, abrirase o prazo de inscrición nas diferentes actividades da Escola Municipal de Música. A programación inclúe música en movemento para nenos e nenas de 3 a 5 anos, e guitarra clásica e eléctrica, piano, batería e canto moderno, para nenos e nenas a partir de 6 anos e persoas adultas.
 

Fin de curso das actividades acuáticas de OcioSol 2019 organizadas polo Concello

Un total de 109 persoas, entre nenos e nenas e persoas adultas, tomaron parte nos meses de xullo e agosto nos cursos de natación e aquagym organizados polo Concello de Valdoviño ao abeiro do programa municipal OcioSol 2019. Celebráronse na piscina municipal de Lago, despois da conclusión da intervención de reforma integral á que foi sometida nos últimos meses. Deste xeito, a semana pasada, cada grupo levou a cabo unha exhibición dos coñecementos adquiridos coa que se puxo fin, de xeito festivo, aos cursos por este ano.
 

A Casa da Cultura acolle a reestrea do documental "Laguna y entorno de Valdoviño"

Coincidindo coa súa nominación á mellor curtametraxe do Festival Internacional de Cine de Daroca, en Zaragoza, a Casa da Cultura acollerá este venres 6 de setembro a reestrea do documental «Laguna y entorno de Valdoviño», obra de José Roberto Fernández López. A proxección terá lugar a partir das 20,30 horas con entrada de balde e o público poderá coñecer de primeira man un traballo único sobre unha contorna igualmente singular.
 

O Concello de Valdoviño dota o CPI Atios dun novo circuito de auga e procede ao pintado de toda a planta baixa

Visita ás obras

A uns días de comezar o novo curso escolar, o Concello de Valdoviño vén de concluír os últimos traballos de mellora no CPI Atios. Así o anunciaba o alcalde, Alberto González, que realizaba esta mañá unha visita de fin de obra ao centro educativo na que estivo acompañado do director, Antonio Cebreiro, e máis dos concelleiros de Obras, Alejandro García, e Servizos, Benito Vega.
 

Pages

Subscribe to Concello de Valdoviño RSS