News and calendar events are only written in Galician language

Xuntanzas veciñais este fin de semana en Sequeiro, Vilarrube e Vilaboa

O Concello de Valdoviño concluirá este fin de semana o calendario de xuntanzas veciñais organizado nas diferentes parroquias do municipio para coñecer de primeira man as propostas de veciños e veciñas para a localidade. Un calendario que se iniciaba o pasado 22 de novembro en Aviño e continuaba en sucesivas xornadas en Valdoviño, Pantín, Meirás, Lago e Loira.
 
Este sábado será o turno de Sequeiro –local veciñal 12 horas- e Vilaboa –local veciñal, ás 18 h-, e o domingo, de Vilarrube –local veciñal ás 12 h-.
 

O Concello realizará obras de mellora nos locais sociais de Aviño e Loira cunha achega de Deputación

O Boletín Oficial da Provincia publica hoxe a licitación das obras de mellora dos locais sociais de Aviño e Loira. Estas obras, incluídas no Plan Único (POS+ 2017), contan cun orzamento de 75.000 euros, e servirán para mellorar ambos os dous centros, e para ofrecer un mellor servizo aos numerosos veciños que os usan para a realización de actividades.

Valdoviño abre as portas do primeiro Museo do Surf de España este venres

Exterior do Océano Surf Museo

España contará, dende este venres, 1 de decembro, co seu primeiro museo adicado ó surf. O Concello de Valdoviño inaugura a partir das 20 horas o Océano Surf Museo, unhas instalacións pioneiras que marcan un novo hito do municipio na súa especial vinculación co surf e a súa historia no noso país. O alcalde, Alberto González, presidirá o acto, no que terán un papel destacado Vicente Irisarri e Jesús Busto, do Océano Surf Club e almas mater do proxecto que, ó longo deste último ano, traballaron codo con codo co Concello para facer realidade o que naceu como un soño.

O Concello de Valdoviño invita á veciñanza a seguir sinxelos consellos para reducir o consumo diario de auga

Consellos consumo auga

Ante a prolongada situación de seca que estamos a vivir, o Concello de Valdoviño fai un chamamento á veciñanza para favorecer un consumo responsable e eficiente da auga e destaca que, con xestos e actitudes en moitos casos moi sinxelos, pode axudar de forma fundamental a reducir o seu consumo.
 

A Casa da Cultura de Valdoviño acolle este sábado o espectáculo infantil de teatro musical “Xogo de Pillabáns”

Cartel do concerto

O Auditorio da Casa da Cultura de Valdoviño será escenario este sábado, 25 de novembro, do espectáculo infantil de teatro musical “Xogo de Pillabáns”, a cargo da compañía Zoar. Dará comezo ás 18 horas, con entrada libre e de balde ata completar aforo e inclúese na Rede Cultural da Deputación.
 

Pages

Subscribe to Concello de Valdoviño RSS