News and calendar events are only written in Galician language

O Amistade gaña o I Torneo Municipal de Fútbol Feminino Concello de Valdoviño

O Amistade, de Meirás, foi o equipo gañador da primeira edición do Torneo Municipal de Fútbol Feminino Concello de Valdoviño, que se disputou a pasada fin de semana no campo O Lameiro, na parroquia de Vilaboa.
 
O encontro enfrountou aos equipos femininos do CD Rosalía de Vilaboa e do Amistade de Meirás e foi seguido por veciños e veciñas a pé de campo. Finalmente, o marcador decantouse polo Amistade, que marcou dous goles fronte a un do Rosalía.
 

Oikos gaña o torneo de fútbol sala OcioSol e Talleres Trigo o premio á deportividade

Imaxe da entrega de trofeos

O Concello de Valdoviño organizou a través da área de Deportes unha nova edición do Torneo de fútbol sala OcioSol, na que participaron un total de oito equipos e preto de 100 xogadores. Finalmente, os gañadores foron os equipos Oikos e Talleres Trigo, que acadaron a primeira e segunda posición, respectivamente.
 

Máis de 150 persoas participaron na quinta edición da Carreira na Area

A praia da Frouxeira acolleu, por quinto ano consecutivo, a Carreira na Area. Unha cita que reuniu o pasado domingo a un total de 155 participantes (94 homes e 61 mulleres) nas diferentes categorías da competición. Unhas cifras de participación que celebrou o concelleiro de Deportes, Sergio Saavedra, quen afirmou que ano a ano vai aumentando o número de inscritos e que esta cita se está a consolidar na comarca como un evento familiar e deportivo de referencia.
 

O Concello abre o prazo para solicitar as subvencións de apoio ao estudo e á conciliación correspondentes ao ano 2019

O Concello de Valdoviño vén de convocar as subvencións de apoio ao estudo e á conciliación correspondentes ao ano 2019, de xeito que as persoas interesadas poden presentar no rexistro a súa solicitude dende mañá martes, 27 de agosto, ata o vindeiro 25 de setembro. Estas axudas van dirixidas a todas as familias con fillos e fillas escolarizadas en Valdoviño ou usuarios do Punto de Atención á Infancia.
 

Pedro Sande García presenta este xoves en Valdoviño a súa primeira novela, “El susurro de los ameneiros”

Portada do libro
Pedro Sande García inspirouse en Valdoviño

Con apenas uns meses de vida, Valdoviño convertiuse no segundo fogar de Pedro Sande García e el quixo agora corresponderlle convertindo os seus paisaxes e patrimonio natural en protagonistas principais da súa primeira novela. Leva por título El susurro de los ameneiros e este xoves 29 de agosto, a partir das 20,30 horas, presentarase na Casa da Cultura de Valdoviño, como non podía ser doutro xeito. Acompañarán ao escritor o alcalde, Alberto González, e o filósofo, profesor universitario e Premio de Ensaio Miguel de Unamuno, Alberto Sucasas, que exercerá de presentador.

Pages

Subscribe to Concello de Valdoviño RSS