News and calendar events are only written in Galician language

O Concello adxudica por 166.980 euros as obras de acondicionamento das primeiras 25 rúas, pistas e camiños dun conxunto de 40

A Xunta de Goberno Local aprobaba esta semana a adxudicación provisional de 25 obras de acondicionamento de pistas, camiños e rúas en todas e cada unha das parroquias do municipio. En suma, o Concello investirá 166.980 euros a financiar con cargo ó POS+ 2018 da Deputación provincial da Coruña.

O Concello repartirá entre a veciñanza 35 entradas para asistir ao encontro entre o RC Deportivo e o CD Tenerife

O Concello de Valdoviño repartirá gratuitamente entre os veciños e veciñas 35 entradas para o partido que este sábado 2 de febreiro enfrontará ao RC Deportivo e ao CD Tenerife a partir das 20,30 horas no estadio de Riazor. Así o confirmaba hoxe mesmo a Deputación da Coruña, que cede as entradas ao Concello.

O Concello adxudica as obras para habilitar o primeiro campo de fútbol de herba artificial de Valdoviño

Valdoviño contará este ano co seu primeiro campo de fútbol de herba artificial. Esta mañá, o alcalde, Alberto González, informaba da aprobación en Xunta de Goberno Local da adxudicación dos traballos de construción. Nas obras investiranse 268.519,45 euros procedentes dunha achega da Deputación provincial da Coruña e o contrato estipula un prazo de execución de 7 meses.

Agora, abrirase un prazo para que a empresa adxudicataria entregue a documentación requerida para a firma do contrato e o correspondente plan de seguridade. A partir de aí, iniciaranse os traballos.

Xornada informativa este venres en Valdoviño sobre o programa de acollida familiar de nenos e nenas rusos afectados pola radiación

A organización sen ánimo de lucro Ledicia Cativa, en colaboración co Concello de Valdoviño, organiza este venres 1 de febreiro unha charla informativa sobre o programa de acollida de nenos e nenas da rexión rusa de Briansk, a máis afectada pola radiación de Chernobyl, que impulsa dende hai máis de dúas décadas. Será no auditorio da Casa da Cultura, a partir das 19,30 horas, con entrada de balde.

O Concello de Valdoviño cubrirá este ano 2 prazas de policía por oposición libre

O Concello de Valdoviño incorporará á plantilla municipal dous policías locais este ano, ampliando de tres a cinco o número de axentes municipais. O alcalde, Alberto González, explicaba que o Concello vén de dar o primeiro paso para facer efectiva a medida coa publicación no Boletín Oficial da Provincia (BOP) da aprobación da Oferta Pública de Emprego (OPE). Lembra que a Administración local asinou un convenio coa Xunta de Galicia polo que delega a selección de persoal na Administración autonómica co ánimo de acelerar os trámites.

Pages

Subscribe to Concello de Valdoviño RSS