News and calendar events are only written in Galician language

O Concello abre este venres o prazo de presentación de candidaturas aos galardóns da II Gala do Deporte de Valdoviño

O alcalde, Alberto González, avanzou esta mañá que Valdoviño celebrará a segunda edición da súa Gala do Deporte o 27 de marzo. Unha iniciativa coa que se quere recoñecer e pór en valor os méritos dos/as deportistas locais que teñan destacado especialmente ao longo do 2019, pero tamén a novas promesas e adestradores/as, e a entidades e persoas que contribuísen especialmente á promoción do deporte a través do seu traballo e entrega.
 

O Concello convida este sábado a nen@s e maiores á IX Festa infantil do Entroido baixo o título “Entroido Espacial”

Cartaz Entroido

O Concello de Valdoviño organiza a IX edición da Festa Infantil do Entroido. A cita terá lugar este sábado 22 de febreiro no pavillón municipal do Longoiro, en Meirás, baixo o título «Entroido Espacial». A entrada é libre e de balde e nenos e nenas poderán disfrutar de baile, inchables, xogos e actividades guiadas. O único requisito para asistir é vir disfrazado.
 

O Concello aproba a súa adhesión á Central de Contratación da FEMP

Gañar en eficacia simplificando a tramitación administrativa é un dos obxectivos que persegue o Concello de Valdoviño coa súa adhesión á Central de Contratación da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP). Unha adhesión que, tal e como informou o alcalde, Alberto González, se aprobaba por unanimidade na última sesión plenaria celebrada.
 

O censo e mesas electorais, a consulta

O alcalde, Alberto González, vén de asinar un Bando municipal polo que informa de que o censo electoral do municipio e  relación de mesas electorais estarán a consulta da veciñanza, por medios informáticos e nas oficinas muncipais, dende hoxe, 17 de febreiro, e ata o 24 de febreiro –incluído-. Así mesmo, no mesmo prazo, poderase presentar reclamacións ao mesmo se procedese.
 
O Concello tamén informa dunha serie de teléfonos de chamada gratuíta para máis información: 901 101 900, 981 217 439 e 981 217 426.
 

O Concello abre o prazo de inscrición no Festival de Comparsas de Valdoviño

A Concellería de Cultura de Valdoviño abrirá o vindeiro luns 17 de febreiro o prazo de inscrición no XX Festival de Comparsas, que terá lugar o sábado 29 de febreiro. Para formalizala é preciso presentar a documentación requerida na Casa da Cultura (que poderá descargarse da web municipal) e o prazo rematará o día 24 de febreiro (incluído). O horario de atención é de luns a venres de 11 a 14 horas.
 

Pages

Subscribe to Concello de Valdoviño RSS