News and calendar events are only written in Galician language

O Concello iniciará este xoves o reparto gratuíto de mascarillas hixiénicas para @s veciñ@s maiores de 70 anos

O alcalde, Alberto González, informou esta mañá de que o Concello iniciará mañá xoves o reparto gratuíto de mascarillas entre os veciños e veciñas de 70 anos en adiante. Realizarase a través da Agrupación Local de Voluntarios de Protección Civil de Valdoviño e en colaboración coas asociacións de veciños, que ceden os seus locais como base de operacións. Para acceder a estes recursos é imprescindible estar empadroado/a no municipio.
 

As obras de mellora do acceso á praia de Pantín, a contratación cun investimento de 171.224,72 euros

Vial no Ariño

As obras de mellora da accesibilidade e a seguridade peonil no acceso ao Ariño, en Pantín, están en contratación por un importe de 171.224,72 euros. O prazo de presentación de ofertas concluirá o vindeiro 5 de xuño e o Concello financiará a intervención con cargo aos fondos adicionais do Plan Único (POS+2019) da Deputación provincial da Coruña, cun prazo de execución de catro meses.
 

A Mancomunidade mostra o seu apoio á candidatura do xeoparque do Cabo Ortegal

Xuntanza da Mancomunidade onte

A Mancomunidade de Concellos da Comarca de Ferrol celebrou onte pola tarde o seu primeiro pleno presencial dende a declaración do estado de alarma debido á epidemia da COVID-19, o pasado 14 de marzo. Nesta xuntanza, os representantes dos municipios acordaron mostrar o seu apoio á candidatura de Xeoparque Mundial do Cabo Ortegal, presentada recentemente por Cariño, Cerdido, Cedeira, Moeche, Ortigueira, San Sadurniño e Valdoviño.

Arte para a Oficina Municipal de Turismo

Oficina Municipal de Turismo

A artista local Blanca Escrigas completou esta fin de semana o mural que, a partir dagora, decora a Oficina Municipal de Turismo de Valdoviño, sita en plena Porta do Sol. Unha auténtica obra de arte que tivo o seu orixe nun debuxo que o pasado ano fixo tras un día de praia na Frouxeira. A paisaxe foi, simplemente, a súa inspiración. Así mesmo, Blanca ampliou o mural ata un vello poste contiguo á oficina, que tamén luce agora as cores do mural.

O Concello tramitou máis de medio centenar de expedientes de obra no que vai de ano

Casa consistorial Valdoviño

O alcalde de Valdoviño, Alberto González, informou esta mañá de que nestes primeiros cinco meses do ano o Concello tramitou un total de 53 expedientes de obra. Deles, 40 correspondéronse con obras menores como reparacións de cubertas, actuacións en piscinas, construcións de peches… ; outros 8 con obras maiores, tanto construcións novas como rehabilitación de vivendas, e outras 3 de inicio de actividade. E é que a actividade no departamento municipal de Obras non se viu interrompida polo estado de alarma decretado a raíz do COVID-19.

Pages

Subscribe to Concello de Valdoviño RSS