News and calendar events are only written in Galician language

O Concello de Valdoviño celebra este domingo a IV Volta ás Forcadas

O concelleiro de Deportes, Sergio Saavedra, animou esta mañá á veciñanza a tomar parte este domingo, 22 de setembro, na IV edición da carreira Volta ás Forcadas. Así, as persoas interesadas en anotarse aínda poden formalizar a súa inscrición na web www.galitiming.com. O prazo conclúe este xoves 19 de setembro e o prezo para as categorías sénior é de 4 euros, namentras que para o resto é gratuíta.
 

O Concello de Valdoviño abre este mércores a inscrición na Peregrinaxe a Santo André

O alcalde de Valdoviño, Alberto González, informou esta mañá da apertura do prazo de inscrición na Peregrinaxe a Santo André que organiza o Concello ao abeiro do proxecto «Dende os Camiños de Peregrinación ata o Xacobeo», cofinanciado pola Xunta de Galicia no marco do programa «O Teu Xacobeo». Precísase de inscrición previa. Debe formalizarse na Casa da Cultura de Valdoviño este mércores 18 de setembro (só para as persoas empadroadas en Valdoviño) e o xoves 19 e venres 20 de setembro (persoas empadroadas en Valdoviño e resto de concellos). O horario é de 10 a 13 horas.

A Feira Artesanal celebrarase no pavillón do Longoiro

A primeira Feira Artesanal que terá lugar este fin de semana en Valdoviño celebrarase finalmente no pavillón do Longoiro de Meirás, xa que os refachos de vento romperon a carpa na que se ía celebrar o evento na Porta do Sol.
 

O Concello inicia o proceso de selección dun técnico para a atención do Océano Surf Museo

O Concello de Valdoviño informou esta mañá do inicio do proceso selectivo para a contratación dun técnico para a atención do Océano Surf Museo. Trala publicación no día de onte no Boletín Oficial da Provincia (BOP) do anuncio da convocatoria e bases de selección, ábrese hoxe, e por espazo de cinco días hábiles, o prazo para que as persoas interesadas presenten as súas solicitudes.
 
 

Aberta a inscrición na I Quedada Motera Solidaria organizada polo Cámping A Lagoa

A quedada celébrase o 5 de outubro

O Cámping municipal de A Lagoa, a pé do areal da Frouxeira de Valdoviño, levará a cabo nos vindeiros meses unha serie de actividades coas que busca dinamizar as instalacións e convertilas nun auténtico referente do ocio na comarca. Así, nesta liña, e coa colaboración do Concello de Valdoviño, organizará o vindeiro 5 de outubro a primeira edición da Quedada Motera Solidaria. A inscrición estará aberta ata o 26 de setembro e debe formalizarse no correo electrónico reservas@campingalagoa.com.
 

Pages

Subscribe to Concello de Valdoviño RSS