News and calendar events are only written in Galician language

As categorías base do Amistad de Meirás e Racing de Ferrol enfróntanse este sábado ao Miami Cup no campo municipal de Atios

O Amistad de Meirás, en colaboración coa Concellería de Deportes de Valdoviño, organiza este sábado unha xornada de fútbol do máis alto nivel. Será no campo municipal de Atios e arrancará ás 11 horas co partido entre os alevíns do equipo local e o seu homólogo do Miami Cup. De seguido, sobre as 12 h, está previsto o encontro que enfrontará ao Racing de Ferrol sub 14 contra o Miami Cup e, pechando esta xornada, o Amistad sub 16 disputará o último partido contra o Miami Cup.
 

O alcalde, Alberto González, avanza a celebración da I Gala do Deporte de Valdoviño

O alcalde, Alberto González, avanzou esta mañá que o Valdoviño celebrará a primeira edición da súa Gala do Deporte o 22 de marzo. Unha iniciativa coa que se queren recoñecer e pór en valor os méritos dos deportistas locais que teñan destacado especialmente ao longo do 2018, pero tamén a novas promesas e adestradores, e a entidades e persoas que contribuísen especialmente á promoción do deporte a través do seu traballo e entrega.

O Concello de Valdoviño presenta ante a Xunta as propostas de mellora para o Plan de Transporte Metropolitano

O alcalde de Valdoviño, Alberto González, informou esta mañá de que o Concello vén de trasladar á Consellería de Infraestruturas e Mobilidade novas alegacións ao Plan de Transporte Metropolitano para mellorar as conexións cos centros educativos de Cedeira, Narón e Ferrol e coas instalacións sanitarias destas últimas cidades. Ademais, recóllense novas melloras planteadas polas entidades na xuntanza informativa que o alcalde mantivo con estas para abordar o plan tras reunirse con responsables da Xunta, ao tempo que fai súa a alegación cursada pola AVV de Meirás.

O Concello abre o prazo de inscrición no Festival de Comparsas de Valdoviño

A Concellería de Cultura de Valdoviño abrirá o próximo luns, 25 de febreiro, o prazo de inscrición no XIX Festival de Comparsas, que terá lugar o sábado 9 de marzo. Para formalizala deben presentar a documentación requerida na Casa da Cultura antes do día 1 de marzo. O horario de recepción das solicitudes na Casa da Cultura é de luns a venres de 10 a 14 horas. Tamén o xoves 28 de febreiro en horario de tarde, de 15 a 18 h.

Bases do XIX Festival de Entroido

Festival de Entroido

O Concello de Valdoviño promove o XIX Festival de Entroido  que se celebrará o  sábado 9 de marzo no  Concello de Valdoviño.
 
BASES QUE REXERÁN NO XIX FESTIVAL  DO ENTROIDO 2019 NO CONCELLO DE VALDOVIÑO
1.- Poderán participar no XIX Festival de Entroido do Concello de Valdoviño as entidades legalmente constituídas e/ou grupos ocasionais  que cumpran as condicións establecidas nas seguintes bases. En todo caso nomearase un representante debidamente autorizado para actuar en nome do grupo.
 

Pages

Subscribe to Concello de Valdoviño RSS