News and calendar events are only written in Galician language

Andada Nocturna e espectáculo de Chévere Teatro no adro da igrexa de San Bartolo este domingo en Valdoviño

Chévere Teatro porá en escea «As Fillas Bravas» este domingo, a partir das 21 horas, no adro da igrexa de San Bartolo. Será o colofón á Andada Nocturna organizada pola Concellería de Cultura de Valdoviño. Unha camiñata na que tomarán parte máis dun centenar de persoas. Partirán do parque da praia da Frouxeira, sobre as 20 horas, para cubrir a distancia que os separa da igrexa de San Bartolo, onde terá lugar a representación, aberta a todo o mundo.

O prestixioso mago Martín Camiña trae este venres á Frouxeira os seus encantamentos

Martín Camiña

O programa municipal «Escenarios paralelos» deseñado polo Concello de Valdoviño para levar as súas propostas culturais fóra da Casa da Cultura a parques, prazas, capelas ou embarcadoiros continúa este venres no municipio. O prestixioso ilusionista Martín Camiña traerá a Valdoviño os seus «Encantamentos de rúa». Un espectáculo na contorna do parque da praia da Frouxeira ó que está convidada toda a veciñanza a partir das 22,30 horas.
 

O alcalde aborda con Defensa a cesión de Monte Campelo ó Concello de Valdoviño

Visita de supervisión á zona
Encontro en Alcaldía

Nun horizonte próximo, os terreos de Monte Campelo, coas súas antigas baterías militares, poderían pasar a mans do Concello e, por tanto, da veciñanza de Valdoviño. Trátase dun obxectivo no que traballa dende hai anos a Administración local e que agora comparte o Ministerio de Defensa. Con esa perspectiva, esta mañá desprazábase á zona o Xeneral Xefe da 4ª Subinspección Xeneral do Exército Norte, José Rivas Moriana, responsable das infraestructuras militares do Exército na zona Norte.

O Concello amplía ata venres o prazo de inscrición no Torneo de Fútbol Sala OcioSol

O concelleiro de Deportes, Sergio Saavedra, anunciou esta mañá que o Concello de Valdoviño decidiu ampliar ata este venres, 20 de xullo, o prazo de inscrición no Torneo de Fútbol Sala OcioSol. Para formalizala, os equipos interesados en tomar parte deben presentar a súa solicitude na Casa do Concello (Rexistro Xeral na primeira pranta). Deben cubrir a folla de inscrición, aceptar o regulamento e réxime disciplinario e adxuntar a fotocopia do DNI de todos os xogadores.
 

Valdoviño acolle un foro comarcal en materia de igualdade dirixido a veciñanza, entidades e asociacións

A Deputación Provincial da Coruña elixiu Valdoviño para celebrar un Foro de Diagnose Comarcal en materia de políticas de igualdade. Celebrarase este xoves, ás 11 horas no auditorio da Casa da Cultura e a el están convocadas veciñanza, entidades e asociacións da comarca. A acción inclúese no proxecto “Compartimos Plan” para analizar a realidade social das políticas na provincia e detectar as necesidades existentes en materia de igualdade de xénero nas diferentes comarcas da provincia da Coruña.

Pages

Subscribe to Concello de Valdoviño RSS