Valdoviño aproba un orzamento de 6,1 millóns

A corporación deu luz verde ó documento económico sen votos en contra e coa prioridade no gasto social, que ascende a 827.000 euros
 
As contas para o presente exercicio presentan un superávit inicial, cunha estimación de gasto de 5,7 millóns, e a conxelación de tasas
 

Valdoviño celebra este sábado o VI Festival Solidario a favor de Cáritas

Cartel Festival Solidario

Valdoviño celebrará este sábado a sexta edición do Festival Solidario a favor de Cáritas, unha cita que promoven as entidades veciñais, culturais, deportivas, a ANPA e a asociación de amas de casa coa colaboración do Concello e das empresas Paula Raamonde Varela, Pabulandia e Industrias ET. En horario de mañá, a cita terá como escenario o pavillón do CPI Atios, namentras que pola tarde as actividades trasladaranse á Casa da Cultura. Así mesmo, a veciñanza pode colaborar cos seus donativos, que se establecen en tres euros.
 

O Concello convoca o proceso selectivo para a contratación de 2 técnicos de Turismo

A raíz da inminente necesidade de cubrir unha praza no Concello, crearase tamén unha lista de aspirantes a funcionario interino de prazas de administrativo mediante o sistema de oposición libre
 

As unidades móbiles de doazón de sangue desprazaranse a Valdoviño e Meirás a próxima semana

O Concello informa á veciñanza de que as unidades móbiles do Centro de Transfusión de Galicia desprazaranse ó municipio a próxima semana. Concretamente, o luns 23 estarán en Meirás (fronte á cooperativa) de 16 a 21 horas e o martes 24, diante da casa consistorial de Valdoviño, de 10 a 14 e de 16 a 21 h.
 

Nova Galega de Danza presenta no Miradoiro do Paraño o seu último espectáculo: Ser e Terra

Nova Galega de Danza

A actuación celebrarase este domingo, no marco do acto organizado polo Concello neste espazo para conmemorar o Día do Libro agasallando ós asistentes con obras literarias
 

Páxinas

Subscribirse a Concello de Valdoviño RSS